Satisfacción no partido popular de Carballo tras coñecer que a Xunta abrirá, de novo, a ría de Baldaio.

Por ppcarballo

A Xunta de Galicia abrirá de novo a entrada da ría de Baldaio para favorecer o intercambio mareal e recuperar a normalidade, isto permitirá, así mesmo, o mantemento e o restablecemento do ecosistema da ría e un estado de conservación favorable para os hábitats narurais e da fauna e flora de interese.

Unha vez se comprobou que a natureza non foi quen de abrir un canal para dar saída á auga da ría cara ao mar, a Xunta de Galicia acometerá nos vindeiros días unha actuación que permitirá a todas as persoas que viven na contorna, e aquelas cuxas tarefas de marisqueo e outras actividades se relacionan con ela, volver a ver Baldaio limpo.

O voceiro do Partido Popular, Rubén Lorenzo, mantivo conversas nos últimos meses, coas consellerías implicadas, trasladando a súa preocupación á administración autonómica polo peche do canle da ría debido á acumulación de area, situación que xa se dou no 2020, e no 2023, sendo a Xunta de Galicia quen interveu e dou solución

ao problema. Polo tanto, o grupo popular de Carballo, a través do seu voceiro, Rubén Lorenzo, valora positivamente que a Xunta de Galicia vaia a actuar nos vindeiros días na lagoa de Baldaio e o seu

compromiso coa protección e co mantemento desta xoia da costa carballesa que todos temos a obriga de coidar.

GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE CARBALLO.

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.