O Partido Popular de Carballo advirte da inseguridade que provoca a torreta do novo vial de evacuación do tráfico do Polígono Industrial.

Por ppcarballo

Os populares pediremos explicacións no pleno deste luns ante o que consideramos unha situación de perigo para os usuarios do novo vial, debido á torreta de gran embergadura que se atopa no medio do trazado.

Foi o pasado mércores, día 24, cando se abriu a primeira fase do futuro vial que unirá a rotonda do polígono coa estrada de Razo. Para asombro dos carballeses, no trazado prácticamente en recta de aredor de 800 metros, sitúase unha chamativa torreta de liña eléctrica de dimensións considerables e que ocupa parte do carril dereito, en dirección ao polígono. A pesares da posibilidade de soterrala ou desprazala, optouse por deixala no medio do vial, creando unha falsa glorieta no carril que, ao entender de moitos carballeses, supón un punto perigoso.

Imaxe: Basilio Bello (La Voz de Galicia)

Precisamente, recollendo a inquedanza da veciñanza os populares na voz do portavoz, Rubén Lorenzo, interpelaremos ao goberno local no pleno do vindeiro día 29. Preguntaremos polas razóns de optar por unha solución moito máis arriscada para a seguridade dos vehículos que xa están a circular por este vial, coa única sinalización dunha isleta pintada na calzada e barreiras de formigón que aumentan, aínda máis, o risco de impacto.

Entendendo o voceiro dos populares que as explicacións dadas aos medios
polo propio alcalde foron insuficientes e non aportan ningunha solución ao grave problema orixinado pola ubicación da citada torreta. Queda claro que ben o aforro de tempo ou o aforro de cartos, están por diante da seguridade viaria da vila de Carballo. Unha mostra máis, segundo Lorenzo, da neglixente xestión por parte do goberno local do Bloque Nacionalista Galego.

 

GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE CARBALLO.

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.