Os Populares de Carballo critican a demora na información sobre os orzamentos locais.
O portavoz municipal, Rubén Lorenzo, confirma que a día de hoxe non hai ningún documento oficial sobre as partidas ozamentarias, nin data oficial para a celebración do pleno correspondente.
O grupo municipal popular de Carballo, a través do seu portavoz Rubén Lorenzo, critica que a día 10 de decembro no seu grupo non teñan ningunha comunicación formal sobre a convocatoria do pleno de orzamentos para o ano 2026. Ainda que teñen algunha información informal da intención de aprobar os ozamentos no pleno do día 29 decembro, segundo Lorenzo, non hai ningún documento enviado que corresponda a unha convocatoria oficial. De ser o vindeiro día 29, en palabras do propio voceiro popular “non temos a día de hoxe ningún tipo de documentación para revisar”.
Este retraso parace por en dúbida que os orzamentos se aproben en tempo e forma, como se ven facendo nos últimos anos, salvo o pasado ano 24 que se adiaron ata xaneiro (de xeito excepcional e acordado por todos os grupos).
Ante a pregunta sobre si se solicitou esta informaciónque, o grupo municipal popular afirma que xa en comisión de facenda, o pasado mes de Outubro, a pediron, máis non se concretou nada por parte do goberno. Siguen, polo tanto, á espera de ter as contas para estudalas e poder ir ao pleno, de celebrarse antes de fin de ano, cos números claros e os argumentos preparados.
Partido Popular de Carballo.