O PARTIDO

Benvidos

Esta nova páxina web do Partido Popular de Carballo que presentamos quere convertirse, desde xa, nunha porta aberta a todos e todas os que queirades entrar nesta gran familia. Así pois, ademáis das conversas, xuntanzas e celebracións, este será un modo áxil e fácil para comunicarnos, tanto para que recibades a información que vos poda interesar como veciñanza da vila, como para que recollamos suxestións e demandas que poidamos ter en conta para engadir aos nosos obxectivos a curto, medio e longo prazo. So así, desde o diálogo constante, seremos quen de construir o proxecto que Carballo merece, un proxecto de todos e para todos.

Móvenos o presente inmediato no que pretendemos aunar esforzos, sen deixar a ninguén atrás, baseándonos na experiencia e no coñecemento dos que xa estaban e abrindo portas ás novas xeracións que teñen moito que aportar. Pero tamén nos move o futuro que queremos para os máis novos e para os máis pequenos, coa permanente idea de conseguir un Carballo en positivo, un Carballo sen complexos, que potencie as súas posiblidades como cabeceira de comarca, como entorno natural, como oportunidade de emprego, tanto no sector comercial como no industrial, como eixe cultural e como dinamizador de Bergantiños.

Partimos con forza e con moitas gañas, con aires renovados, sen esquecer a quenes nos precederon e coa seguridade de que somos a única opción ante plantexamentos obsoletos e decadentes que fan que Carballo non medre e non se abra a Galicia. Queremos que éste sexa o proxecto dos carballeses e carballesas e esperamos a confianza de todos vos para facer de Carballo un lugar acolledor para os de fora e cheo de vida para os de dentro.

Queremos, en definitiva, con todas e todos vos, ser quen de escribir as liñas do mellor futuro para Carballo.

Moitas grazas.

Rubén Lorenzo Gómez
Presidente Xestora Local e Portavoz Municipal

CONTACTO

ENVÍANOS A TÚA MENSAXE

Queremos comunicarnos contigo, e recoller as suxerencias e ideas que nos poidas achegar, calquera cousa que podamos ter en conta para engadir aos nosos obxectivos a curto, medio e longo prazo.

Non o dubides e contáctanos!

De conformidade co que establece a lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os datos persoais que nos facilite a través de devandito formulario serán tratados por PP Carballo coa finalidade de xestionar a súa solicitude e enviarlle información máis detallada. Para máis información consultar a política de privacidade.