Rubén Lorenzo propón a creación dunha gran área deportiva e de esparcemento na contorna do río
Cando faltan semanas para a chamada ás urnas para elixir quén formará parte da nova corporación municipal nos vindeiros catro anos, o Partido Popular de Carballo lanza unha terceira proposta de programa que está centrada na actividade física e o deporte.
Partindo dun concepto amplo que enmarca o exercicio físico dentro dun estilo de vida saudable, máis aló do ámbito das competicións deportivas, os populares presentan como obxectivo principal, neste eido, a creación dunha gran área deportiva e de esparcemento na contorna do río. Plantexan a necesidade dun espazo de xestión única que dé cabida a distintas disciplinas deportivas e xere novas ofertas na comarca de Bergantiños.
Así mesmo, incorporan unha firme aposta polos clubes deportivos da vila e incluen o compromiso de incrementar a partida orzamentaria destinada ao deporte, unido ao de ampliar e mellorar as infraestructuras deportivas nas prazas e nas parroquias.
Pechando a proposta co seu lema “Un novo Carballo é posible” seguirán nos vindeiros días, antes da cita electoral, dando a coñecer os demáis obxectivos do seu programa.