REVIVE CARBALLO: A vivenda como chave na dinamización de Carballo

Por ppcarballo

 

 

Desde os Populares de Carballo vimos de lanzar a segunda das propostas concretas do noso programa. Trala referida aos temas de mobilidade e da organización do tráfico rodado, o noso candidato, Rubén Lorenzo, presenta a vivenda como asunto vital para o desenvolvemento da vila carballesa, tendo como obxectivo prioritario e fundamental o de incrementar o parque de vivenda dispoñible.

Antes de expoñer a solución, que ao noso xuizo, melloraría a política municipal en materia de vivenda, poñemos de manifesto a inexistente implicación do goberno municipal nesta materia e confirmamos a casi imposibilidade de atopar unha vivenda en venda ou alquiler en Carballo.

A primeira actuación concreta consiste na creación dun servizo aberto á veciñanza para informar de todo o que teña que ver con axudas públicas para o acceso á vivenda digna, denominando a dito servizo Oficina REVIVE CARBALLO.

Así mesmo, propoñemos establecer unha liña de axudas municipais para que os edificios melloren en accesibilidade, evitando barreiras arquitectónicas e para que os inmobles, cumprindo a normativa, se adapten ás neceisdades do século XXI.

Baixo o noso lema “Un novo Carballo é posible” presentámonos como única alternativa ao goberno de Evencio Ferrero.

Partido Popular de Carballo.