Os veciños da Milagrosa xa poden cruzar a nova ponte.

Por ppcarballo

A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia en colaboración con Concello de Carballo, está acometendo unha inversión de 6 Millóns de Euros en diversas actuacións para evitar o risco de inundacións na nosa vila.

 

 

 

 

 

Roi Fernández; director de Augas de Galicia, e os responsables da empresa constructora, realizaron unha visita tanto á actuación da rúa Fomento coma a da rúa do Sol, quedando esta última ponte aberta ao paso peonil, que permitirá aos veciños do barrio da Milagrosa cruzar a ponte e evitar o rodeo que tiveron que asumir nos últimos meses.

 

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Carballo, valoramos postivamente a boa marcha das obras e o cumprimento dos prazos anunciados por parte da administración autonómica, sempre comprometida con Carballo.