Rubén Lorenzo e García Comesaña reafirman o compromiso da Xunta co proxecto que optimizará a atención primaria en Carballo
O Conselleiro de Sanidade confirmou que Carballo poderá contar, a partires de setembro, con dous novos médicos máis con praza fixa e en propiedade, malia que o BNG votou en contra desta demanda feita polos populares no pleno de Carballo.
O Partido Popular de Carballo mantivo esta tarde un encontro informativo no que o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou a un grupo de simpatizantes e afiliados carballeses as iniciativas que a Xunta de Galicia pretende realizar en Carballo.
O grupo municipal leva presentadas varias iniciativas ante o pleno de Carballo co fin de mellorar a atención primaria da nosa vila. O obxectivo das mesmas, claro e concreto, era solicitar á Xunta de Galicia ferramentas para que Carballo figurase no Plan de Infraestructuras da Atención Primaria, así como dotar ao noso Centro de Saúde de máis profesionais sanitarios.
O presidente da xestora, Rubén Lorenzo, quixo agradecer ao Conselleiro na súa intervención que, finalmente, sí se tiveran atendido as demandas propostas polos populares de Carballo. Demandas que foron escoitadas, a pesares de que o BNG fixo valer a súa maioría no pleno para rexeitar estas propostas cuxa única intención é atallar as eivas da atención primaria en Carballo.
Lorenzo puxo en valor o feito de que Carballo poderá contar, a partires de setembro, con dous profesionais máis con praza fixa e en propiedade, pese a que o Partido Popular foi o único que votou a favor nesta demanda feita no pleno do mes de marzo. Un en quenda de tarde e outro en quenda deslizante. Por outra banda, Carballo será o primeiro concello da provincia da Coruña que vai ter un Centro Integral de Saúde, un centro no que non só se faga atención primaria senón que haxa tamén servizos de especialistas hospitalarios ou mesmo prestacións coma unha unidade de diálise que fará que moitos pacientes da comarca deixen de desplazarse a Coruña para este tratamento.
A posta en marcha destes servizos vai a ter que esperar algo máis de tempo. Porén, si que contamos agora co apoio do Concello, aínda que foi difícil que accederan a prestar dito apoio. De feito, esta última iniciativa foi proposta, exlusivamente, polo PP de Carballo. Cando a Xunta estaba a elaborar o Plan de Infraestruturas sanitarias, o PP de Carballo levou ao pleno municipal esta idea de por a Carballo na vangarda da sanidade na provincia e dotar a esta vila dun centro destas características, como o que se está a construír en Lalín.
A resposta inicial, tanto do alcalde como do seu grupo, o BNG, foi votar en contra. A perseverancia do voceiro popular e o feito de ter elevado o tema a debate no Parlamento de Galicia, conqueriu, finalmente, que o CIS de Carballo estea xa incorporado no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria. Plan que foi aprobado en outubro do 2021 no que se preve ampliar o Centro de Saúde en 1.800 m² .
O BNG mantivo un infructuoso, estéril e manipulado argumento perante a fase inicial do debate, no que mantiña a proposta de facer un segundo centro de saúde para dividir ao persoal, dividir aos pacientes, dividir aos especialistas e dividir o equipamento. Co paradoxo de ter a un grupo parlamentario, baixo as mesmas siglas do BNG, que interpela, permanentemente, a demanda de equipos grandes nos centros de saúde.
Unha vez reservado un orzamento de ata 600.000 € para financiar o proxecto e o comezo das obras, foi remitida carta ao concello que, finalmente, aceptou que esta era a mellor opción, aínda que lle deron unha volta máis, nun xogo de terxiversación dialéctica, para confundir á veciñanza coa mensaxe errada de que se ía facer un segundo centro ao lado do existente.
Tralo acordo, a Consellería segue agardando a que se resolvan os trámites urbanísticos que permitan que o Concello poña os terreos a disposición da Xunta para proceder á licitación e axilizar , así, os tempos para que a atención sanitaria en Carballo sexa referente na nosa provincia.
Partido Popular de Carballo.