A Xunta destinará un millón ao proxecto de restauración da explotación mineira de Monte Neme.

Por ppcarballo

O noso Portavoz e Deputado Rubén Lorenzo e a Concelleira Beatriz Neira, estiveron presentes no acto de presentación na contorna de Monte Neme, onde o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo FERNÁNDEZ, anunciaron este venres que a Xunta levará a cabo o proxecto de restauración da explotación mineira de Monte Neme, en CARBALLO, para a súa recuperación. Esta actuación conta cun orzamento de máis dun millón de euros.

O delegado da Xunta informou de que este proxecto inclúese dentro da proposta presentada polo Goberno galego como actuación para a recuperación ambiental de explotacións mineiras, incluída dentro dos fondos europeos.

Gonzalo Trenor destacou que a Xunta está en proceso de aprobar a Axenda Galega de Minería Sostible 2030, que contempla, entre outras medidas, actuacións para a recuperación ambiental de explotacións mineiras, labores de restauración e recuperación de antigos emprazamentos mineiros.

A actuación, que xa está aprobada para Monte Neme, contempla a restauración para favorecer o coidado do chan e das augas que rodean esta zona e a restauración ambiental da mesma, recuperando a súa biodiversidade natural e propiciando a súa transformación a sumidoiros naturais de carbono.

O representante do Goberno galego lembrou que, desde o ano 2014, a Xunta, ante a ausencia da empresa, asumiu a responsabilidade de manter a zona afectada polos labores mineiros para garantir a seguridade, impedindo o acceso. Por iso, en distintas ocasións levaron a cabo investimentos que sumaron máis de 200.000 euros.