Continúa o desleixo do goberno do BNG coas antigas casas dos mestres, a TVG recolle as queixas da veciñanza (Enlace)
O Partido Popular de Carballo leva dende o ano 2019 reclamando ao Goberno do BNG, por diversas vías, que actúe nas antigas vivendas dos mestres das que é titular, trala desafección do inmoble por parte da Consellería de Educación no ano 2017.
Tres anos despois o único que fixo o Goberno do Sr. Ferrero foi comunicar no ano 2020, tras una pregunta do PP de Carballo en RadioVoz, a demolición do inmoble para construir nel un edificio para entidades sociais para o que non existe nin proxecto que non chegará neste mandato.
Unha vez máis queda refrendado que o BNG centra máis esforzos na propaganda e en vender unha realidade paralela que dista moito do que é Carballo hoxe en día tras 19 anos de mandato do Señor Evencio Ferrero.
No día de onte a TVG recolliu as demandas dos veciños ante o estado de completo abandono e tamén a ocupación que supón unha mala imaxe para a nosa vila, un perigo e un foco de insalubridade para os veciños de Carballo.
Podes ver a nova picando neste enlace:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-5728961?t=575
Partido Popular de Carballo.