Renovación e diversidade para demostrar que “UN NOVO CARBALLO É POSIBLE”
O candidato do Partido Popular, Rubén Lorenzo, presentou este sábado en Razo unha candidatura marcada pola renovación e a diversidade.
Cando faltan cinco semanas para a cita electoral do 28 de Maio na que se elixen as corporacións municipais de todos os concellos galegos, o candidato popular Rubén Lorenzo, cabeza de lista en Carballo, desvelou este Sábado, a lista completa da súa candidatura na terraza do restaurante Arnados na Praia de Razo, acompañado polo delegado da Xunta de Galicia Gonzalo Trenor, e da Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, Ethel Vázquez.
Unha candidatura que Lorenzo presentou como única alternativa para gobernar Carballo, definindo ao seu equipo como configurado por persoas con gañas, forza e ilusión. En palabras do propio candidato popular “non están todos os que son, pero sí son todos os que están”, dou as grazas aos 28 compoñentes da lista por ter dado un paso adiante e polo seu compromiso e a súa valentía.
Renovación, mocidade e diversidade son as tres palabras que utilizou Rubén Lorenzo para resumir o espírito que move a sua elección, aínda que, segundo dixo “sen perder o valor da experiencia, sen desbotar a madurez e sen esquecer os principios e valores común”. Na lista están representadas a meirande parte das parroquias e nela figuran tanto carballeses e carballesas do rural como do centro urbán. Unha lista paritaria que, como se fixo público o pasado día 15, configuran nos primeiros postos, xunto con Lorenzo, Beatriz Neira, Isidro Varela, Isabel Cotelo, José Rey e Javier Calvelo.
No número 7 aparece Sheila Cotelo Lado e ata o titular 21 os nomes son: Yolanda Varela, Adrián Fariña, Uxía García, Oscar Álvarez, Raquel Cotelo, Iván Blanco, Lucinda Serrano, Rodrígo Recarey, Cristina Rojo, Carlos Señarís, Sara Nión, Jesús Javier Rey, Esperanza Pan e José Juan Castro.
A lista de suplentes encabézaa o ex alcalde de Carballo, Manuel Varela a quen acompañan: Matilde Anido, Antonio Rodríguez, Teresa Luaces, Marcos Castro, Erica Regueira e Antonio Pérez.
Coñecida a totalidade do equipo popular que concurrirá as eleccións municipais falta seguir coñecendo as liñas programáticas xerais do proxecto de Lorenzo, así como os compromisos concretos que inclue para áreas tan cruciais como vivenda, servizos sociais ou dinamización económica.
Baixo o lema “Un novo Carballo é posible” os populares preséntanse como única alternativa ao goberno de Evencio Ferrero e están dispostos a recuperar a alcaldía de Carballo.
Partido Popular de Carballo