O Partido Popular márcase como obxetivo mellorar a mobilidade en Carballo

Por ppcarballo

Cando faltan cinco semanas para a cita electoral do 28 de Maio na que se elixen as corporacións municipais de todos os concellos galegos, o candidato popular Rubén Lorenzo, cabeza de lista en Carballo, ven de lanzar a primeira das propostas concretas do seu programa. Un programa que coñeceremos nos vindeiros días, unha vez sexa presentada a lista completa da candidatura mañá
sábado nun marco incomparable como a praia de Razo.

Esta primeira proposta ten como eixo a mobilidade e destacan nela dous puntos, o primeiro relacionado coa apertura das vías estructurales correspondentes a rúas como Perú, Luis Calvo o Vila Negreira, o segundo punto, moito máis ambicioso recolle o compromiso dun plan de mobilidade racional e que responda ás demandas da veciñanza. Nesta proposta faise constar, explícitamente, a
recoñecida necesidade da circunvalación como factor fundamental na desconxestión do tráfico na vila carballesa.

Coñecida a totalidade do equipo popular que concurrirá as eleccións municipais continuaremos coñecendo as liñas programáticas xerais do proxecto de Lorenzo, así como os compromisos concretos que inclue para áreas tan cruciais como vivenda, servizos sociais ou dinamización económica.

Baixo o lema “Un novo Carballo é posible” os populares preséntanse como única alternativa ao goberno de Evencio Ferrero e están dispostos a recuperar a alcaldía de Carballo.

 

Partido Popular de Carballo.