Rubén Lorenzo preséntase en Sofán como única alternativa ao desgoberno instaurado en Carballo.

Por ppcarballo

Esta semana o noso candidato Rubén Lorenzo, acompañado da concelleira Beatriz Neira mantivo unha xuntanza con un grupo de veciños e veciñas da parroquia de Sofán na que se puxeron sobre da mesa probas do abandono ao que están sometidas a meirande parte das 17 parroquias do noso municipio.

Lorenzo presentouse coa “Intención de escoitar para acertar e traballar dende o primeiro día para atender as necesidades dunha das parroquias máis poboadas do noso Concello”, “non é de recibo que, tras 20 anos de mandato o goberno actual non teña cubertas necesidades básicas na parroquia de Sofán e noutras moitas”.

“É o momento de facer unha aposta polo cambio e aunar forzas en torno a un proxecto de futuro encabezado por persoas xóvenes e con gañas de darlle ás parroquias o protagonismo que merecen” apuntou Lorenzo. O candidato tamén subliñou en que “a única alternativa ao desgoberno actual de Carballo é o proxecto do Partido Popular pensado por e para os carballeses”

 

Partido Popular de Carballo.