O BNG toma o control dos plenos de Carballo a través do ROM para limitar a labor da oposición.

O grupo municipal popular vota en contra da proposta de modificación do Regulamento Orgánico de Funcionamento que fixo o goberno local de Carballo, no pleno de Xuño, adiantado polas festas do San Xoan.
O grupo municipal popular considera esta proposta de actualización un intento, por parte do goberno municipal do BNG, de mordaza e control interesado. O voceiro popular, Rubén Lorenzo, preguntou ao alcalde polos motivos que levan a esta actualización neste momento do mandato e cuestionou a necesidade de certos artigos que, sen dúbida, apelan a un maior intervencionismo por parte do goberno nacionalista para evitar ou frear o exercizo da oposición, especialmente nos plenos municipais. Curioso, sinalaba o voceiro popular, que o grupo socialista decidira, “in extremis” cambiar o sentido do voto e alinearse coa alcaldía, e, aínda máis, centrase o debate na confrontación cos populares, nunha sorte de confusión de roles, esquecendo que os socialistas tamén están na oposición.
Lorenzo centrou o debate en temas moi concretos como os tempos de intervención nos debates, a delegación de voto, a actuación das forzas de orden público, o reparto de espazos no edificio do concello, a limitación do número de preguntas, e, incluso, no modo de facelas ou formulalas, na ponderación do voto nas comisión s ou na posibilidade real de accesibilidade total a materiais e grabacións dos plenos.
En palabras do voceiro popular esta acelerada proposta de modificación do ROF responde ao nerviosismo e inquietude do goberno municipal que ve, a dous anos das vindeiras eleccións, como o grupo municipal representado por
Lorenzo, fai oposición contundente e firme e deixa en evidencia moitas das decisións do goberno de Ferrero e denuncia a inacción do mesmo en temas moi importantes para Carballo como a Baixa execución orzamentaria, a falta de desbroces nas pistas do rural, a apertura dos viais estruturantes previstos no PXOM, o edificio entidades sociais, etc…
Este debate foi pechado polo alcalde que apelou a temas alleos ao interpelado directamente por Lorenzo e desviou o tema cara un anecdotario, lembrando épocas pasadas, que esquivou os puntos concretos polos que foi preguntado polos populares.
GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE CARBALLO.
Imaxe: Ana García, La Voz de Galicia.