Javier Calvelo renuncia como concelleiro do PP de Carballo por motivos persoais e laborais.

Por ppcarballo

O que fose número seis da lista liderada por Rubén Lorenzo nas últimas eleccións municipais será substituído por Sheila Cotelo Lado.

O portavoz local, Rubén Lorenzo, agradeceu o labor realizado ata a data por un compañeiro que cualificou de “traballador” e “moi comprometido” coa veciñanza de Carballo.

Carballo, 16 de xuño do 2025. O grupo municipal do Partido Popular de Carballo comunicou hoxe a través do seu voceiro, Rubén Lorenzo, que Javier Calvelo renunciou a súa acta como concelleiro de formación popular por motivos laborais e Persoais. Os populares comunicaron tamén que será Sheila Cotelo Lado a que ocupará o seu lugar como integrante do grupo en canto tome posesión no próximo pleno local.

Lorenzo aproveitou a acasión para agradecer o labor realizado ata a data por un compañeiro á que cualificou de “traballador” e “moi comprometido” co seu labor á hora de traballar pola veciñanza de Carballo, en concreto, pola súa parroquia de Entrecruces. O xa ex concelleiro popular seguirá vinculado ao PP carballés, pero centrará, a partir de agora, os seus esforzos en levar a cabo o seu proxecto empresarial baseado na ampliación dunha explotación gandeira.

Pola súa banda, Cotelo, que, previsiblemente tomará posesión no pleno de xullo, traballa como directora de operacións nun holdind de empresas e é graduda en dirección e xestión pública, con premio extraordinario de fin de carreira.

Partido Popular de Carballo.

Imaxen: La Voz de Galicia.

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.