Lucía Serrano toma posesión como nova concelleira do Partido Popular de Carballo

Por ppcarballo

A nova integrante do Grupo Municipal Popular incorpora á Corporación á súa experiencia como veciña de Artes e traballadora do Servizo de Axuda no Fogar.

Lucía Serrano Tasende tomou posesión este luns como nova concelleira do Partido Popular de Carballo, subsituíndo a José Rey Torres, no Pleno da Corporación municipal, dando así comezo a unha nova etapa de compromiso e servizo aos veciños e veciñas de Carballo.

A súa incorporación supón unha nova achega ao Grupo Municipal Popular, ao que chega con ilusión, responsabilidade e vontade de traballar para defender os intereses de todos os carballeses e carballesas.

Veciña da parroquia de Artes e traballadora do Servizo de Axuda no Fogar, Lucía coñece de primeira man unha realidade especialmente vinculada ao coidado das persoas, á atención ás familias e ás necesidades que afrontan cada día moitos veciños e veciñas. A súa experiencia profesional e a súa proximidade coa realidade social do municipio son un importante valor que se incorpora ao noso equipo.

Desde o Partido Popular de Carballo queremos darlle a benvida a esta nova responsabilidade e agradecerlle a súa disposición para dar un paso adiante e poñer o seu tempo, a súa experiencia e o seu compromiso ao servizo de Carballo.

Comeza unha nova etapa na que seguimos sumando persoas, ilusión e compromiso para traballar por un Carballo mellor e para todos.

 

PARTIDO POPULAR DE CARBALLO.

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.