Baldaio: da resposta urxente á solución definitiva.

Por ppcarballo

A canle da lagoa de Baldaio volve abrirse ao mar. Despois de meses de peche e das nocivas consecuencias que esta situación estaba a provocar no ecosistema, na actividade marisqueira, nos negocios da contorna e no seu contorno, a Xunta de Galicia puxo en marcha os traballos necesarios para recuperar o intercambio de auga entre a lagoa e o medio mariño.

Vídeo comezo dos traballos o 13.08.2026: 

Desde o Partido Popular de Carballo valoramos positivamente que, finalmente, se adoptasen as medidas inmediatas que viñamos reclamando, a través do noso voceiro Rubén Lorenzo, para dar resposta a unha situación que non podía prolongarse por máis tempo. Dende o primeiro momento transmitimos que a apertura da canle era unha actuación urxente e necesaria e, nestes momentos, os traballos xa están en marcha.

Durante estes meses producíronse mobilizacións veciñais e diferentes iniciativas para reclamar unha solución á situación da lagoa. O obxectivo agora debe ser que toda esa preocupación se traduza nunha solución definitiva e duradeira para Baldaio.

Porque non podemos conformarnos con volver abrir a canle cada vez que a situación de peche da ría se repite. Baldaio necesita unha solución a longo prazo que permita evitar que estes episodios de peche volvan repetirse.

Ese é o verdadeiro obxectivo no que o Partido Popular de Carballo seguirá traballando sen descanso.

Tal e como demandou Rubén Lorenzo nos distintos contactos con ambos organismos; as consellerías de Medio Ambiente e do Mar puxeron en marcha unha folla de ruta que contempla a elaboración dun plan integral para garantir a conservación da lagoa a longo prazo, mediante unha comisión técnica na que participarán as administracións implicadas: Xunta de Galicia, Concello de Carballo e Costas do Estado.

O obxectivo debe ser claro: estudar as dinámicas do sistema, analizar as causas que están provocando a acumulación de area e determinar as actuacións necesarias para recuperar e manter o intercambio de auga entre a lagoa e o mar dunha forma estable e compatible coa protección deste espazo natural.

Todo isto debe desenvolverse no marco do Protocolo asinado polas administracións e organismos implicados, con coordinación, rigor técnico e vontade de acadar unha solución duradeira.

Desde o Partido Popular de Carballo seguiremos facendo un seguimento de cada un destes pasos e reclamando que se cumpran os compromisos adquiridos. A reapertura da canle permite afrontar a emerxencia actual; o cumprimento da folla de ruta debe permitir resolver definitivamente o problema.

Baldaio non pode depender de actuacións de urxencia cada certo tempo. Necesitamos unha resposta a longo prazo que protexa este espazo natural, preserve a súa riqueza marisqueira e permita que as xeracións futuras sigan gozando dun dos grandes tesouros naturais de Carballo.

A resposta inmediata xa está en marcha. Agora toca traballar, entre todos, para que a solución definitiva tamén chegue.

PARTIDO POPULAR DE CARBALLO.

Vídeo: Beatriz Neira.

Imaxe: Basilio Bello.

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.