O PARTIDO POPULAR DE CARBALLO ACADA O COMPROMISO DA XUNTA PARA A DEMOLICIÓN DO EDIFICIO DA ANTIGA CÁMARA AGRARIA.

Hai uns días, o deputado autonómico pola Comarca de Bergantiños, e portavoz do PP de Carballo, Rubén Lorenzo, mantivo unha xuntanza co Director Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro, co fin de avanzar no compromiso que, no seu día, o propio Lorenzo solicitou da Xunta de Galicia con respecto á demolición do edificio correspondente á antiga Cámara Agraria de Carballo, en desuso dende fai anos. Deste xeito veranse concretados todos os pasos a seguir para a demolición do devandito edificio, situado no barrio de A Milagrosa na Capital Bergantiñá.
Nas vindeiras semanas será adxudicado un contrato para ese proxecto de demolición, necesario para proceder ao contrato de obra de demolición. Esta actuación suporá a mellora notable da contorna da Capela de A Milagrosa, a Escola de Arrabaldes e a praza e as pistas deportivas, centro neurálxico deste barrio carballés.
A previsión que foi trasladada dende a Dirección Xeral mencionada ao deputado carballés na xuntanza aludida é que os traballos de demolición comezarán antes de finais deste 2025.
- Foto: Ana García (La Voz de Galicia)
- Foto: PP Carballo
GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE CARBALLO.