O PP de Carballo visita VIEIRO e comprométese a colaborar coa entidade carballesa fronte ás drogodependencias e adiccións.

Por ppcarballo

O noso candidato á alcaldía, Rubén Lorenzo, e a concelleira Beatriz Neira, visitaron hai uns días as instalacións en Carballo da Asociación Antidroga VIEIRO, para coñecer de primeira man, as demandas dos usuarios, das familias e dos profesionais que configuran esta organización.

Promover, axilizar, xestionar, e fomentar as axudas ás persoas drogodependentes debe ser unha responsabilidade compartida por todas as administracións.

As campañas de información e formación á mocidade son fundamentais na prevención do consumo.

A intervención multidisciplinar cos drogodependentes e aos seus entornos é chave na reinserción social. Así como a vixiancia e prevención das novas adiccións detectadas ligadas ás novas tecnoloxías e o xogo convencional e en rede.

No Partido Popular de Carballo cremos na corresponsabilidade social colectiva. Cremos na igualdade de oportunidades.

 

#PPde Carballo

#CreamosCarballo

#AsociaciónVieiro