O PP Critica que a nova pasarela do Parque do Anllóns non respecte a estética paisaxística da contorna.

Por ppcarballo

O grupo do Partido Popular no Concello de Carballo criticou hoxe a través do seu portavoz, Rubén Lorenzo, que o Goberno Local non tivesen en conta a estética paisaxística da contorna do Parque do Anllóns á hora de elixir os criterios para a elaboración da pasarela que substitúe a anterior ponte de madeira.

“É un despropósito que non respecta a idea orixinal coa que se construíu este parque”, dixo Lorenzo, quen non comprende o motivo polo que o executivo municipal utilizou uns criterios para a substitución doutros elementos do parque como o palco da música e as pasarelas e, neste caso, outros completamente diferentes e que, na súa opinión, atentan contra a estética da zona.

Os populares lembran que o mantemento da infraestrutura era unha vella demanda da súa formación. “Dende 2019 vimos denunciando o mal estado no que se atopaba a anterior ponte pola falta de mantemento do Goberno de Carballo”, dixo Lorenzo, quen lamentou que, despois de esperar tanto tempo, “agora atopémonos con esta antiestética actuación nun dos pulmóns da nosa vila”

Conscientes de que instalada a nova pasarela xa non hai volta atrás, desde o Partido Popular de Carballo demandan que, de cara a próximas actuacións, o Goberno Local estableza unha serie de criterios que obriguen a que as estruturas ou elementos que se substitúan adecúense e respecten as zonas nas que se colocan.

“Agora xa non hai solución, pero o que non podemos aceptar é que as melloras, renovacións ou restauracións futuras guíense por criterios que pouco ou nada teñen que ver co arquitectónico”, concluíu Lorenzo.

O Partido Popular realizou, a través das súas redes, unha pequena enquisa para que a cidadanía expresase a súa opinión.

Como se pode comprobar na imaxe os Populares de Carballo consultaban:  “¿CAL CHE CONVENCE MÁIS?” 

O resultado da enquisa foi rotundo, o 17% dos que participaron opinan que lles convence máis a opción de ferro e formigón elexida polo BNG, sendo o 83% os que manifestaron que lles convence máis a ponte de madeira orixinal do parque inaugurado cun goberno do Partido Popular no ano 1999.

Partido Popular de Carballo.