O Consello Parroquial evidencia a desidia do Concello con Entrecruces.

Tras dous anos sen celebrarse, o Consello Parroquial de Entrecruces iniciou a ronda das 17 parroquias que esperan (e desesperan) a que o Sr. Ferrero se achegue á veciñanza e escoite as súas necesidades e preocupacións.
Por parte do alcalde limitouse a “re-vender” unha inversión de abastecemento financiada pola Deputación da Coruña, prometida varias veces e que non vai a chegar ata o ano 2023.
As numerosas demandas dos veciños e veciñas de Entrecruces fixeron palpable o abandono ao que o Concello ten sometidas as parroquias, pois a maioría das demandas xa veñen de antigo, e xa foron solicitadas nos anteriores consellos celebrados hai máis de 2 anos.
Algunhas das demandas expresadas pola veciñanza de Entrecruces:
- Alumeado Público (demandan recuperar puntos de luz retirados e piden explicacións pola pouca intensidade lumínica dos existentes)
- Mantemento de firmes nas pistas.
- Control dos danos producidos polas empresas madereiras nos camiños forestais.
- Ubicación dos contenedores do lixo.
- Desbroces nas cunetas.
- Deslinde co Concello de Coristanco.
- Demanda de xogos para os máis pequenos da parroquia.
- Abandono do Campo de Fútbol.
- Descontento coa actuación realizada na Fonte e o lavadoiro.
- Abandono dos petriles da marxe contraria ao lavadoiro.
- Abandono do Muíño do Piñeiro da Baixa.
Imaxe: El Correo Gallego.
Especialmente necesaria é a instalación dunha reixa na fonte debido á situación de perigosidade que se produciu co “semi-soterramento” da fonte nas obras recentemente executadas que non deixaron satisfeita á veciñanza de Entrecruces.
Imaxe: Concello de Carballo.
Por parte do noso grupo municipal acudiron o Concelleiro Antonio Domínguez e o noso portavoz Rubén Lorenzo que tomaron boa nota das numerosas demandas que os veciños ían expresando e que o Sr. Alcalde ía anotando nun block de notas que se lle fixo pequeno para todas as peticións da veciñanza.
Este xoves 12, ás 20h. será o turno da parroquia de Rus.