O Grupo Municipal Popular de Carballo levará a pleno una Moción sobre a situación da torreta eléctrica no novo vial do polígono de Bértoa.

Por ppcarballo

No próximo pleno do 23 de febreiro o Grupo Popular de Carballo levará a debate a situación da torreta eléctrica do novo vial do polígono de Bértoa. Os populares xa pediron explicacións, interpelando ao goberno local acerca desta torreta, o pasado mes de setembro ante o risco que supón para a veciñanza e a seguridade viaria, a ubicación da citada torreta eléctrica.

Foi, xa, precisamente en Setembro cando se abriu a primeira fase do futuro vial que une a rotonda do polígono coas estrada de Razo, a través da rúa Abetos. Unha infraestrutura que está chamada a mellorar a mobilidade e a seguridade viaria da zona, pero que, pola contra, nace mal e arrastra un verdadeiro perigo para os conductores e para os peóns. É dificilmente explicable a presenza dun obxecto ríxido, de grandes dimensións e que se sitúa, parcialmente, dentro do carril dereito en sentido ao polígono.

É, cando menos, curioso que a solución adoptada, unha absoluta chapuza improvisada, en palabras do voceiro popular, Rubén Lorenzo, teña sido unha isleta pintada con barreiras de formigón que, ademáis de contaminar estéticamente a paisaxe, non fai senón incrementar a sensación de risco para a circulación.

Únese a todo isto o risco que supón ausencia de iluminación pública, algo habitual en toda a vila, que reduce a percepción do perigo pola noite ou coa metereoloxía adversa, tan característica na xeografía galega.

A moción presentada polos populares carballeses é clara e directa, instando ao concello, como titular da estrada, a garantir que esta e as demáis infraestruturas municipais se excuten con criterios de seguridade e responsabilidade. No caso desta torrreta eléctrica, de alta tensión, non parece

razoable que existindo alternativas técnicas como o desprazamento ou o soterramenteo, se teña optado pola solución máis arriscada para os usuarios.

A cidadanía, segundo manifestou Lorenzo en varias ocasións, merece explicación claras, que non se teñen dado, e, sobre todo, merecen actuacións que garantan a súa seguridade viaria.

Ademáis desta moción, os populares tamén levarán a pleno outra moción na que solicitan un acordo do mesmo que proceda a condear, públicamente, os actos vandálicos cometidos contra as sedes do Partido Popular de Galicia e a reafirmar o compromiso coa defensa dunha participación política sempre respectuosa co marco democrático e legal.

GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE CARBALLO.

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.