Lorenzo comprométese coa parroquia de Lema a reclamar solucións á falta de cobertura de telefonía e internet

Por ppcarballo

Este mércores o candidato do Partido Popular de Carballo ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio achegouse ao Centro Social de Lema, onde mantivo un encontro coa veciñanza desta parroquia que, reclama solucións á falta de cobertura de telefonía móvil e de internet, e demáis servizos básicos como o abastecemento e o saneamento en varios lugares da Parroquia.

Lorenzo comprometeuse cos veciños de Lema a reclamar solucións á falta de cobertura de telefonía móvil e internet que padecen dende hai anos en varios lugares da parroquia. “Non é unha competencia da administración municipal, máis cómpre reclamar solucións ao Goberno do Estado, que é o responsable do despregue de telecomunicacións no territorio, especialmente nas zonas de baixa densidade de poboación” apuntou Lorenzo no encontro do pasado mércores.

O candidato popular á alcaldía, acompañado pola concelleira Beatriz Neira, veciña da parroquia, tamén se referiu ao proxecto de saneamento, varias veces anunciado, pero que leva anos de retraso na súa execución. Así como a falta de proxecto para extender a rede de saneamento e abastecemento, servizos básicos, por toda a parroquia.

O Partido Popular de Carballo seguirá mantendo encontros nas parroquias e nos barrios para escoitar de primeira man as demandas da cidadanía e dar a coñecer o seu proxecto de alternativa para gobernar Carballo a partir de xuño do 2023.

Partido Popular de Carballo.