Desleixo e desidia do goberno local do BNG en Razo

Por ppcarballo

O desleixo e a desidia do goberno local do BNG é inaceptable!! Semella que o triunfalismo que estos días amosaban publicitando unha enquisa (con poucos datos e bastante falla de transparencia…), lexitima ao Sr. Ferrero e ao seu amplo goberno para renunciar á boa xestión e gobernanza que merece Carballo e os carballeses.

Calquera que pasase estos días por Razo foi quen de comprobar o estado de abandono e perigosidade que amosa a nosa fachada marítima que, nestes días festivos e de bo tempo, acolliu a un gran número de visitantes locais e foráneos. Contenedores e papeleiras a rebosar, pasarela e barandas de madeira podres, desfeitas e desprendidas (moitas delas dende hai meses).

Descoñecemos se é soberbia ou esgotamento do goberno local, pero desde o Partido Popular de Carballo esiximos menos propaganda e máis xestión.

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.