Adxudicado o proxecto da ampliación do Polígono Industrial de Carballo.

Por ppcarballo

No día de onte o Instituto Galego de Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, adxidicou o proxecto de ampliación do Parque Empresarial de Bértoa en Carballo. Esta ampliación permitirá que o noso polígono industrial siga medrando e sendo referente en Galicia e no Noroeste de España, formando parte do Eixo Industrial Arteixo-Laracha-Carballo.

A Xunta de Galicia destinará un total de 62.436 euros á redacción do proxecto de interese autonómico (PIA) da ampliación do parque empresarial de Bértoa, en Carballo, unha vez que onte se adxudicou o contrato á empresa Proyfe S.L.

Unhas obras que se desenvolverán en dous ámbitos de actuación, ao leste da primeira fase ao longo do perímetro da estrada de acceso da autoestrada (Sector A: 443.226 m2) e ao oeste da segunda fase ocupando o perímetro da autoestrada AG-55 (Sector B: 110.781 m2).

Con esta ampliación de 554.007 metros cadrados a nosa área empresarial alcanzará 1.800.000 metros cadrados brutos de superficie., máis da metade dos cales (52%) son xa propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A redacción do Proxecto de Interese Autonómico, foi licitada a finais do 2021. A previsión que se manexa é que o documento se envíe á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no mes de outubro e reciba a aprobación inicial a comezos do vindeiro ano.

En datas próximas modificarase o uso do Sector F2 (22.598 m2); que ten un uso terciario e, a petición da propia asociación de Empresarios será modificado para poder ser destinado a uso Industrial quedando dispoñible unha superficie, sumando as parcelas dispoñibles neste momento, de 36.000 m2 para aquelas empresas que estén interesadas en implantarse en Carballo.

 

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.