O PP de Carballo pide ao Goberno do BNG instalar unha pantalla pública para seguir a final do mundial que xogará este domingo a Selección Española.
Carballo, 15 de xullo de 2026
O Grupo Municipal do Partido Popular de Carballo vén de solicitar formalmente ao Goberno local do BNG a instalación dunha pantalla pública nun espazo céntrico do municipio para que a veciñanza poida seguir e celebrar a final histórica do mundial que a selección española de fútbol disputará este domingo en Nova York.
Os populares consideran que se trata dunha oportunidade para favorecer a convivencia, crear un espazo seguro e accesible para toda a cidadanía e permitir que Carballo viva de maneira colectiva un acontecemento deportivo de grande relevancia.
Desde o PP de Carballo sinalan que concellos de toda Galicia e do resto de España están a habilitar espazos públicos para facilitar que a veciñanza poida gozar da final, polo que animan ao Goberno local a sumarse a esta iniciativa, que conta cun amplo respaldo social.
O Grupo Municipal Popular agarda que o BNG valore positivamente esta proposta e adopte as medidas necesarias para que Carballo poida compartir unha xornada deportiva que será lembrada durante anos.
GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE CARBALLO.