Acto de Campaña en Carballo: O Partido Popular de Carballo apela ao voto do cambio necesario.

Por ppcarballo

O pasado domingo, día 15, tivo lugar en Carballo o acto local da campaña das eleccións xerais que levarán a Alberto Núñez Feijóo á Moncloa. Nun ateigado auditorio no Forum carballés, a nosa primeira muller candidata ao Congreso pola provincia da Coruña, Fabiola García e o noso presidente provincial e conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, deixaron claro nas súas intervencións que fronte a un goberno corrupto, machista, sucio, opaco e irresponsable, a única alternativa é a que ofrece o Partido Popular, liderado por Nuñez Feijóo.

Foi o noso voceiro e presidente da xestora de Carballo, Rubén Lorenzo, quen presentou a García e a Calvo, e o fixo nunha intervención na que apuntou que “pese a esperar con moitas gañas a chegada das Municipais de maio para conseguir o cambio de rumbo que Carballo precisa, a responsabilidade chámanos a aproveitar todo o traballo e todo o esforzo destes anos e concentrar todas as nosas enerxías en levar a Alberto Núñez Feijoo á MONCLOA”. Así mesmo, sinalou Lorenzo, que Carballo nunca lle fallou a Feijóo e que tampouco iba facelo desta vez.

O conselleiro de Presidencia e a que foi conselleira de Política Social e agora candidata, insistiron en que nestas eleccións os galegos xogámonos moito, así como na necesidade urxente do cambio para ter un goberno que estea preocupado polos problemas reais da xente.

Estabilidade, confianza e solucións foron as palabras máis utilizadas para resumir o compromiso de Núñez Feijóo. Un candidato que se antepón ao actual presidente Sánchez ao fronte dun goberno esgotado, sen rumbo, atrapado nos seus propios problemas xudiciais e alonxado das preocupacións da cidadanía.

O Partido Popular presenta unha alternativa preparada, con experiencia e con capacidade de xestión. E, como apuntaba Rubén Lorenzo, os votos populares son a mellor maneira de deslexitimar a Sánchez.

O obxectivo é facer da campaña unha responsabilidade conxunta e sen cansancio que leve a Núñez Feijóo á vitoria electoral que lle permita formar goberno e devolverlle a España ao estado democrático, de convivencia pacífica e con un horizonte de progreso, do que nunca debeu fuxir.

PARTIDO POPULAR CARBALLO

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.